" />

Esixen á Xunta de Galicia “menos drama” co lobo e máis control das macrogranxas

Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta de Galicia vive instalada “nunha permanente sobreactuación” dende que a protección do lobo foi anunciada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Para a organización ecoloxista esta “dramatización” carece de sentido, “xa que os únicos claramente prexudicados por esta medida son os cazadores furtivos, quen verán incrementadas considerablemente as sancións por cazar ilegalmente esta especie”.

Ecoloxistas en Acción sinala que un lobo protexido pola lei estatal implica maiores penas para os que cazan a especie ilegalmente, pero tamén máis recursos económicos por parte do Estado para a implementación de medias preventivas efectivas e a oportunidade de explorar novos modos de convivencia co entorno natural.

Aseguran que a ciencia “xa foi clara” demostrando que a caza do lobo “non só non protexe ao gando, senon que fai, ao verse desestructuradas as mandas, que os ataques de lobo a gando se multipliquen cando este é sometido á presión cinexética”. O Lobo é unha especie de depredador apical, que como superdepredador está dotado de mecanismos de auto regulación das súas poboacións, polo que unha superpoboación da especie non é posible.

Dende a entidade ecoloxista inciden en que a convivencia do sector gandeiro non só é posible senon imprescindible e para elo poñen o foco no seu proxecto “Vivir Con Lobos”, no que máis de 50 gandeiros de diferentes puntos do estado con presenza de lobo amosaron que a implementación de medidas preventivas é o método máis eficaz para asegurala convivencia do sector gandeiro en extensivo e a fauna silvestre. O que significa vivir coa natureza e non contra a natureza.

A organización ecoloxista lembra que é a Comisión Europea a que está a solicitar aos Estados Membros unha convivencia pacífica e sostible coa natureza por parte do sector primario a través da implementación e medidas preventivas financiadas a través da PAC (Política Agraria Común).

Demandan á Consellería de Medio Ambiente que abandone o seu “anacrónico inmobilismo político” e promovan unha intensa campaña de educación ambiental que desterre a imaxe do lobo como unha alimaña e o visibilice como un depredador imprescindible  para o correcto equilibro dos ecosistemas peninsulares

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo