Esta fin de semana terá lugar o ‘Festival 27373’ en Begonte

O Club Fluvial de Begonte acollerá esta fin de semana o Festival 27373 no que haberá entrada de balde e acampada libre. Actuarán os grupos Leña Verde e Amálgama Danza, ademais de grupo de rock Arrhyhtmia, e Familia Caamagno entre outros.

Entre as actividades, destacan o paseo en kaiaks dende as doce do mediodía ata ás sete da tarde. Tamén as doce terá lugar a actuación de Bolboretas Fiandeiras, as dúas sesión vermú con Airiños da Freba, e as conco sesión de xogos infantís a cargo da asociación cultural Luscofusco.  Por último terá lugar a IV edición do Aberto de billarda.

O festival conta con zona de acampada libre e a entrada é de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com