Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema o filme italiano “A QUIMERA”

Hoxe venres estrease nos cines Codex o filme italianoA QUIMERA” de Alice Rohrwacher, unha película belísima, chea de poesía e desbordante de símbolos e metáforas.

Sinopse: todos temos unha quimera, algo que desexamos facer ou ter pero non atopamos. Para a banda de “tombaroli”, os ladróns de antigas tumbas e de xacementos arqueolóxicas, a quimera é soñar con deixar de traballar e facerse ricos sen esforzo. Para Arthur, a quimera parécese a Beniamina, o seu amor perdido. Con tal de atopala, enfrontarase ao invisible, indagará por todas parte, penetrará na terra, decidido a atopar a porta que o leve ao Máis aló do que falan os mitos. No seu ousado percorrido entre vivos e mortos, bosques e cidades, festas e soidades, os destinos dos personaxes crúzanse, todos en busca da súa quimera.

A outra estrea da semana é +CUÑADOS, secuela da comedia “Cuñados”, baixo a dirección de Luís Avilés. Rodada integramente en galego conta con caras ben coñecidas do audiovisual galego como é Miguel de Lira, Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Mela Casal etc.

Sinopse: esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do acontecido uns días antes … Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas preferidas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, buscando vinganza, complicará as cousas para os cuñados, implicándoos nun novo enredo  que converterá este  Entroido nun auténtico baile de máscaras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com