EU presentará a Carlos Portomeñe como candidato á alcaldía de Lugo

A agrupación local de Esquerda Unida celebrará este mércores 20 de marzo o acto de presentación do candidato elixido nas súas primarias para encabezar a representación desta organización nas vindeiras municipais, Carlos Portomeñe, actual concelleiro do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida. Será ás 20:00 horas en Guirnalda, almacén recuperado para a celebración de eventos situado en Carril do Son nº 3, no baixo do edificio onde se atopa a actual sede de Esquerda Unida en Lugo. Carlos Portomeñe estará acompañado pola coordinadora nacional de Esquerda Unida e videpresidenta segunda do Parlamento galego, Eva Solla. 

No encontro, baixo o título Municipalismo para o Lugo real, ademáis de presentarse a candidatura refrendada pola militancia lucense cun 93,8% dos votos a favor, se presentarán as bases da xestión local proposta por Esquerda Unida, centradas na mellora da calidade de vida da maioría social traballadora en contraposición á política do “Lugo virtual” que levan aplicando durante décadas os sucesivos gobernos do PSOE, investindo en obras irracionais e infrautilizadas e fomentando a especulación inmobiliaria.

A candidatura encabezada por Carlos Portomeñe e consensuada polo Consello Local de EU Lugo, está integrada por María Jesús Rodríguez, psicóloga da Xunta de Galicia especializada en menores e membro fundadora da asociación cultural Tele-Clube adicada á programación de concertos de música alternativa; José Luis López Álvarez, responsable de Industria de CCOO Lugo; Vanessa Somoza Domínguez, artista plástica e presidenta da Asociación Mil Cores centrada no fomento da creatividade na infancia; Diego Moreira Ulla, delegado sindical da CIG na empresa municipal Urbaser e Carmen González Magdaleno, xornalista e secretaria de comunicación de EU Lugo.

A vocación da lista é aunar a solvencia para unha alternativa real de goberno dende a esquerda e a presencia activista, por eso tódalas persoas integrantes da lista de EU son activas participantes nos conflictos laborais e nos principais movementos sociais do municipio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com