" />

Eva Lorente Arnás, nova directora da ONCE en Lugo

María Eva Lorente Arnás foi nomeada directora da ONCE en Lugo. Na tarde de onte foi presentada aos afiliados e vendedores no salón de actos da ONCE, nun acto presidido polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e polo presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro. Eva Lorente sucede a Roberto Doval, que nesta nova lexislatura da ONCE foi nomeado Director da ONCE en San Sebastián (Euskadi). Ademais da licenciatura en Dereito, Eva Lorente cursou un máster en Discapacidade, Autonomía e Atención á Dependencia e formou parte do Cermi de Murcia.

Durante a súa intervención ante os afiliados, vendedores e traballadores presentes no acto, Lorente Arnás manifestou sentirse “ halagada e ilusionada pola confianza mostrada e, á vez, consciente da responsabilidade que asumo nesta nova andaina profesional”. Como obxectivos na súa xestión referiu o “compromiso e colaboración coa ONCE, os vendedores e o equipo de traballo” ademais de “un esforzo diario cos afiliados” para atender os seus requirimentos e necesidades.

O delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan desexoulle os maiores éxitos no desempeño das súas funcións e ante un auditorio formado por unha banda dos 340 afiliados que ten a ONCE en Lugo e dos 57 vendedores dos seus produtos de xogo, Martínez Pan lembrou que todo o mundo de servizos que supón a ONCE ten a súa pedra angular nos diferentes produtos de xogo, co esforzo dos así como o resto de iniciativas como a canle física complementaria ou Internet.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo