Evacuado en helicóptero un home tras chocar o quad que manexaba contra un turismo en Meira

Un home resultó ferido ao chocar o quad que manexaba contra un turismo na localidade de Riocabo, en Meira. O accidente ocorreu preto das 12:05 horas do mediodía de hoxe e a persoa foi trasladada no helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o Hospital Lucus Augusti.

Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia para informar dos feitos e solicitar axuda para o motorista do quad que, tras chocar contra o coche na estrada de Meira, necesitaba asistencia sanitaria.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os efectivos do servizo sanitario de urxencia confirmaron que o ferido foi evacuado pola aeronave. Ademais, unha muller foi trasladada en ambulancia ao Centro de Saúde de Meira tamén a causa do accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com