" />

A exposición 50 anos do Breo permanecerá pechada durante toda a fin de semana

A exposición que organizan o Goberno da Deputación e o C.B. Breogán 50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade permanecerá pechada o vindeiro venres, sábado e domingo debido á celebración dun Congreso de cardioloxía no Pazo de San Marcos. Xa a partir do luns, e ata o 30 de xuño, se poderá visitar a mostra na Sala de Exposicións do organismo provincial.

Na mostra pódense contemplar 7 bloques diferenciados historicamente: 1966-1970 Nacer; 1970-1978 Soñar, 1978-1984 Volver a nacer; 1984-1995 Volver a soñar; 1995-1999 Ir e vir; 1999-2006 Na elite do baloncesto español; 2006-2016 Celeste Esperanza. Xunto a estes bloques pode verse un apartado destinado ás accións sociais do club durante o seu aniversario, impulsadas polo organismo provincial a través do contrato de patrocinio asinado por ambas entidades, ademais de varias prendas do equipamento durante os 50 anos de historia e un audiovisual que mestura o vídeo coa ollada máis memorable do breoganismo.

O horario de visita da exposición é de luns a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas; os sábados, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas; e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo