" />

Falece o condutor dun tractor a causa dunha colisión en Pol

O condutor dun tractor morreu na tarde de onte tras colidir o seu vehículo con un turismo en Pol. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente mortal produciuse pasadas as sete da tarde de onte no lugar de Rodís, concretamente na estrada que enlaza o Mosteiro co Ludrio. Alí acudiu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias, que atopou ao condutor do tractor fóra do vehículo. Con todo, nada puideron facer para salvar a vida do home.

No operativo de atención e asistencia colaboraron tamén os voluntarios de Protección Civil de Pol e os axentes da Garda Civil de Tráfico, alertados polo 112.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo