Falece un mozo de 19 anos nun accidente en Pantón

Eran pouco máis das sete desta mañá cando unha persoa viu o coche accidentado na C.G 2.1, ao paso por Tribás, en Pantón. Decontado, chamou ao 112 e ofreceu os detalles necesarios para poñer en marcha o operativo. Acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Sen embargo, calquera esforzo era en balde, xa que o condutor estaba falecido. O seu vehículo saírase da vía e batera contra a barreira de seguridade da calzada.

O equipo médico só puido confirmar o seu falecemento e solicitou a intervención dos bombeiros porque a vítima estaba atrapada no interior do coche.

Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros de Monforte, que procederon a liberar o corpo. A partir de aí, activáronse os medios e recursos forenses para continuar cos procedementos habituais.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com