Fallado o XV Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

O xurado do XV Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo fallou este domingo os premios, que recaeron en Manuel Jiménez, Manuel Ángel Serantes e Piedad Santamaría.

Quique Bordel, Dolores Guerrero Lombardía e Dolores de las Cuevas Revilla son os profesionais das artes plásticas que integraron o xurado desta 15ª edición do certame, na que participaron 51 artistas de toda Galicia, España e Portugal. Destes artistas, 50 entregaron obras para que foran valoradas polo xurado.

Como o ano pasado, a temática non tiña que ser obrigatoriamente unha estampa do Casco histórico de Lugo, xa que este ano o espacio físico que deben pintar os participantes poden ser, tamén, outros lugares como as proximidades do MIHL, no parque da Milagrosa, a Ponte vella, os xardíns do Paseo do Miño ou a Pasarela peonil. As bases establecen que o estilo e a técnica son libres e a temática xira en torno á cidade de Lugo.

Unha vez coñecido esta tarde o fallo do xurado, os autores dos cadros non premiados puideron poñer á venda as súas obras, asinándoas e poñéndolles na parte traseira o seu importe. O importe total dos distintos premios entregados é de 4.650 euros distribuídos deste xeito: o 1º premio está dotado con 1.500 euros; o 2º, con 1.000; e o 3º, con 800.

Fallouse, ademais, un premio especial, de 450 euros, para o artista local, nacido ou residente en Lugo, que recaeu en Manuel Ángel Carrera , e tamén seis accésit por importe de 300 euros, que foron para Marisa Calderón, Raúl Gil, Benito Candal, Isabel Seidell, Abraham Pinto e Pedro Lobato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com