Fallados os premios “Begonte e o Nadal”

O xurado cualificador dos traballos presentados ao XLIII certame xornalistico “Begonte e o Nadal”, formado por José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Jesús Domìnguez Guizán, presidente do centro cultural convocante; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Xulio Xiz Ramil, xornalista e José Rodríguez Gómez, secretario do centro cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios

Premio Begonte de xornalismo, dotado con 600€ e figura de Sargadelos, para o traballo titulado: Mensaxes para a estrela da chaira, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.

Segundo premio, dotado con 300€ e figura de Sargadelos ao traballo titulado: Camino a la fe, publicado en Galicia Digital por “Begontina”, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez.

Os premios serán entregados o próximo sábado, 26 de Xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Nadal en Begonte.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com