Familias lucenses poderían perder as axudas de aluguer social pola falta de xestión

A concelleira do Grupo Popular, Mari Teijeiro afirma que “é imperdonable” a actitude do goberno local en relación coa tramitación das axudas municipais para o aluguer. A popular explica que “se xa é inxustificable a tónica dos Servizos Sociais Municipais de retrasar in extremis todos os anos as convocatorias e a resolución destas achegas económicas, agora, é insostible que deixen perder a ampliación de crédito que se acordou no pleno, do pasado mes de outubro”. Teijeiro lamenta a incapacidade dos socialistas “de facer algo tan simple como tramitar unhas bases, xa elaboradas, ás que simplemente terían que modificar a contía da nova partida orzamentaria”.

“Estamos diante dun goberno negado, que nin querendo o podería facer tan mal” sentenciou Teijeiro. Para a concelleira popular “non é lóxica esta actitude tendo en conta que os grupos da oposición lle demos un balón de osíxeno para cubrir as familias que quedaron fóra da convocatoria deste ano malia cumprir cos requisitos”.

Teijeiro manifestou que “a falta de xestión e a despreocupación dos socialistas son a carta de presentación das políticas sociais do PSOE” matizando que “o goberno local, ademais de incoherente, falta a súa palabra xa que é incapaz de cumprir moitos dos compromisos anunciados para cos lucenses con menos recursos. É unha irresposabilidade absoluta” concluíu a popular.

A popular lamenta que a ampliación de crédito non servirá de nada “cando o espíritu desta acción era incorporar e facilitar esta achega económica a aquelas familias que quedaron fóra da convocatoria das axudas de aluguer”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo