" />

A Federación de Asociacións de Veciños abre o prazo para cursos de hortos familiares

A Federación de Asociación de Veciños de Lugo Lucus Augusti, que preside Jesús Vázquez, ven de emitir un comunicado onde anuncia que dentro do ciclo formativo que se integra no Programa de Dinamización de Zonas Verdes, que manteñen con SUPLUSA, oferta o seguinte curso gratuíto, que será impartido, como en anteriores ocasións, por Rubén Regueira no local social que ten dita  Federación de Asociacións de Veciños.

CURSO 2015/B5: posta en marcha dun horto familiar de manexo tradicional: Sábados días 5 e 12 de marzo de 11:00 a 13:00 horas. O prazo de matrícula está aberto para quen estea interesado e poderao solicitar a traveso dos teléfonos 982203721 ou 982801692.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo