Feijóo advirte que Sánchez só busca “interese persoal” e que volverá a negociar con Podemos

O presidente do Executivo Autonómico, Alberto Núñez Feijóo, dixo esta mañá en Ribadeo que, “ante o PSOE de Pedro Sánchez, está a garantía do PP; ante o populismo que só busca romper e só consegue autodestruírse, está a firmeza do PP; ante o nacionalismo e o independentismo que divide está unir as forzas no Partido Popular; e ante os partidos aos que Galicia non lles importa absolutamente nada, está o voto útil para Galicia que é ao Partido Popular”.

Nesta liña, o líder dos populares galegos, que participou nun mitin na localidade mariñá, indicou que o futuro “está nas mans dos galegos” e que os “obstáculos e as incertezas” superaranse votando nas urnas. Así, Feijóo apuntou que o PP quere unha “maioría ampla” para gobernar e para que, así, España “poida progresar”. “Esa maioría ampla é posible se todos os que prefiren que goberne o PP antes que Pedro Sánchez apoian ao Partido Popular”.

Asegurou, tamén, que, do mesmo xeito que o PP “é a única alternativa” á combinación de Pedro Sánchez con populistas e nacionalistas, só hai un xeito de que goberne o PP, que é votándoo. Feijóo, que salientou que non basta con proclamas, aseverou que o PP ten un proxecto e respostas en educación, en sanidade, en medio rural, en mar e nos servizos sociais para cada lugar da nosa Comunidade.

Feijóo fixo fincapé en que “o fin de Pedro Sánchez” non é España, nin o interese xeral, nin os españois, senón el mesmo: “Se ten que aliarse con Podemos, nacionalistas, independentistas e Bildu, faino; e se ten que pasar por riba do Congreso dos Deputados, faino”.

Por outra banda, o líder do PPdeG incidiu en que o 28 de abril será o momento no que España volva ás mans de todos os españois, tras estar nas de Pedro Sánchez, Podemos e secesionistas. Por iso, avogou porque os galegos unan as súas forzas para que no país haxa “un Goberno estable como o de Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com