Feijóo e Barreiro apoian hoxe a campaña de Castiñeira falando cos lucenses na rúa

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, animou esta mañá en rolda de prensa aos lucenses a “asinar co seu voto o contrato con Lugo” que presentou ao inicio da campaña electoral no barrio do Castiñeiro.

“Un contrato sempre necesita de dúas partes que se entendan, e o máis equipo máis eu cumprimos co noso cometido de resumir e concentrar as dez medidas principais que máis preocupan aos veciños”, destacou Castiñeira, quen se amosou convencido de que “este domingo sumaremos os apoios suficientes para que masivamente a outra parte, que son os lucenses, tamén se sumen a este Contrato Con Lugo”.

Nesa liña, o candidato popular afirmou que “a maioría dos veciños coinciden en que o noso contrato con Lugo é o máis pegado á realidade e o que mellor atende e entende as súas demandas e necesidades”, o que é “froito” dunha oposición construtiva ao longo destes catro anos, “con presenza continua en rúas, barrios e parroquias”.

Por outra banda, Jaime Castiñeira tamén subliñou que “remataremos a campaña como a empezamos, dando a cara nos barrios, mirando aos ollos e lucenses e dicíndolles o que imos facer e o que non imos facer por que non o imos facer”.

Nese senso, ao longo deste último día os populares celebrarán nove Castiñeira Responde noutras tantas zonas da cidade. A estes espazos de entrevista cidadá incorporaranse autoridades do partido como o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, o presidente provincial, José Manuel Barreiro; o ex alcalde Joaquín García Díez; ou o conselleiro de Industria Francisco Conde. “A novidade é que hoxe tamén pediremos sinaturas dos lucenses para que vaian reflectindo o seu apoio ao noso contrato”, destacou o alcaldable do PP.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com