A Feira Mercado Circo da Lúa trae esta fin de semana a Lugo 25 postos de artesanía ou alimentación

A Feira Mercado Circo da Lúa trae esta fin de semana a Lugo 25 postos de artesanía, comercio ou alimentación. O evento terá lugar o sábado e o domingo na Praza Anxo Fernández Gómez, concretamente na carpa habilitada detrás do Concello, que a Deputación cede á Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo para a organización deste evento.

Na Feira Mercado Circo da Lúa haberá un total de 25 expositores entre os que se atopan os seguintes: 5ª Avenida, A Cociña de Pilar, Amalia Rodríguez, Castanae, Cervexa Artesá Aloumiña, Dímelo Con Flores, Ecolavakan, Edades Lugo, El Ojo de Horus, Embutidos Toñita, Gero Sonajero, Kids&Us, La Hierbas A Granel, Meninas – Unodmila, Mi Madre No Me Deja, Miky Moda Infantil, Muradano, Nana de Luna, O Rocho Compra-Venta, Pastelería Maceda, Queixos Pacita, Recados Lugo, The Asgard Custom, Vivienda Comunitaria e Agarimo.

A deputada de Cultura, Pilar García Porto sinalou que “estamos moi satisfeitos de colaborar coa Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, unha asociación que leva preto de trinta anos realizando actividades baixo a premisa de promover e defender os valores humanos, sociais e profesionais da muller na súa condición de empresaria”.

Porto engadiu que “dende o organismo provincial apoiamos firmemente este tipo de eventos porque, máis aló de promover actividades concretas, contribúen a dinamizar o conxunto da economía da cidade e tamén da provincia. Cómpre destacar o feito de que se aproveiten datas nas hai un gran número de visitantes na cidade de Lugo para que se acheguen e coñezan os comercios que, neste caso, as mulleres da Provincia exhibirán na carpa que a Deputación de Lugo lles vai a prestar”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com