Ferida tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba na Pontenova

Unha muller resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado no municipio da Pontenova despois de que se saíse da vía o vehículo no que viaxaba. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, os feitos tiveron lugar pouco antes das 7 e media desta mañá á altura do cruce de Vides, dirección Vegadeo. Ata o lugar, desprazáronse membros do GES da Pontenova e da Garda Civil de Tráfico ademáis dunha ambulancia do 061 que trasladou á ferida a un hospital lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com