Ferida unha muller nun accidente en Sober

Pasados uns minutos das 18:00 horas, o 112 recibía a chamada dun particular que informaba da saída de vía dun vehículo no lugar de Telleiros, en Refoxo, no concello de Sober. Indicaba que o coche chocara contra unha árbore e quedou nun regato. Ademais, había unha muller á cal non podían acceder. Así, con estes datos, dende o 112 ademais de requerir a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, pasouse aviso aos Bombeiros de Monforte.

​Nestes intres, os servizos de emerxencia traballan no lugar dos feitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com