Ferida unha persoa na Fonsagrada ao ser alcanzada por un turismo

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron a pasada tarde a un home que resultou ferido tras ser alcanzado por un turismo. Segundo a información recibida polo 112 Galicia o atropelo produciuse preto das 19:15 horas de onte na Avenida de Galicia, na Fonsagrada.

Nese mesmo intre, o persoal do 112 Galicia informaba do suceso aos Bombeiros de Sarria, por se fose precisa a súa intervención, e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para asistir á persoa ferida.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade que confirmaron ao 112 Galicia que o equipo sanitario trasladou o home ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo