Feridas dúas persoas ao caer polo oco dun ascensor en Vilalba

Dúas persoas resultaron feridas en Vilalba despois de caer polo oco dun ascensor. As vítimas precipitáronse dende unha altura duns tres metros. Os feitos tiveron lugar nun edificio da Avenida da Terra Chá.

Os Bombeiros de Vilalba encargáronse de rescatar as dúas persoas. Foron evacuadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. Segundo se lle indicou ao 112, as súas feridas non revisten gravidade.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 13:10 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Pola súa banda, dende a central de emerxencias do 112 alertouse aos Bombeiros de Vilalba, a Protección Civil, á Policía Local e á Policía Nacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo