" />

Ferido un peón tras ser atropelado en Burela

Un peón resultou ferido este mediodía despois de ser atropelado por un turismo que circulaba pola Avenida de Arcadio Pardiñas, no termo municipal lucense de Pantón. Sobre as 12:20 horas de hoxe, Urxencias Médicas daba conta do suceso ao 112 Galicia que, decontado, pasou aviso á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Saída de vía en Cospeito
Asemade, en Cospeito, e pasados uns minutos das 10:00 horas desta mañá, persoal sanitario informaba ao 112 Galicia dunha saída de vía, no punto quilométrico 3.500 da LU-111. Como consecuencia, unha persoa resultou ferida. Nada máis recibir o aviso de Urxencias Médicas, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e informouse  aos Bombeiros de Vilalba. Ata o punto tamén se desprazou persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía polos restos ocasionados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo