Ferido un traballador ao caer dunha altura de tres metros en Lugo

Unha persoa resultou ferida logo de caer dunha altura de tres metros mentres traballaba no lugar de Piñeiro, en Lugo. Un equipo de Urxencias Médicas desprazouse ao lugar do accidente, que ocorreu pouco antes das seis desta tarde.

Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia informou aos axentes da Policía Nacional e aos membros de Protección Civil da cidade que acudiron ao lugar dos feitos a auxiliar ao home ferido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com