Ferido un traballador en Guitiriz ao caer dun tellado

Un operario resultou ferido esta tarde en Guitiriz ao precipitarse ao chan dende un tellado. A persoa ferida estaba a traballar nun inmoble próximo á N-VI cando sufriu o accidente laboral.

Segundo o servizo de emerxencias 112, o sinistro tivo lugar contra as catro da tarde. O persoal do CAE 112 Galicia informou a Protección Civil de Guitiriz e á Garda Civil. Urxencias Médicas, pola súa banda, mobilizou até o punto unha ambulancia. O operario foi trasladado a un centro sanitario. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com