Festexando aínda que chova, cartel anunciador do San Froilán 2019

A pouco máis dunha semana de que comece a celebración do Arde Lucus, o Concello de Lugo vén de dar a coñecer o cartel anunciador do San Froilán 2019. Baixo o título Festexando aínda que chova, a obra de José Carlos Campo López foi a elixida polo xurado profesional. Asemade, Galir Macía Lóez, fíxose co primeiro premio para o seu traballo O San Froilán baixo a lúa, que anunciará o San Froilán Miúdo.

Tras a votación popular nas redes sociais, un xurado cualificado composto pola directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Muñoz, a deseñadora gráfica de Horta Garfik, Sabela Díaz, e a artista plástica Anuska, escolleron os deseños gañadores. Nesta edición presentáronse un total de 39 traballos ao concurso do cartel do San Froilán, 20 máis que o pasado ano, e para o San Froilán Miúdo, 62 obras.

O gañador do deseño do cartel do San Froilán recibirá como premio un importe de 2.000 euros e a galardoada no San Froilán Miúdo un premio adaptado a súa idade, por valor de 300 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo