Fin de semana de loita con duros rivais para o Arenal Emevé

Complicados compromisos os que deberán enfrontar os equipos do Arenal Emevé esta semana, que se verán as caras con dúas dos mellores equipos das súas respectivas ligas.

As Loitadoras regresan á competición despois do partido aprazado a semana pasada polos positivos en COVID 19 detectados dentro do persoal. Con todas as xogadoras en perfecto estado, fóra de Na Ebi Obi que segue o seu proceso de recuperación da súa lesión no xeonllo, as de José Valle terán como primeiro rival de 2022 a un dos equipos máis en forma da liga Iberdrola: Kiele Socuéllamos. As manchegas só perderon en tres ocasiones no que vai de tempada e chegan a Lugo  con ganas de desquite, xa que o Arenal Emevé coa súa vitoria por 2-3 na primeira volta foi o primeiro conxunto que logrou derrotalas.

O técnico de Abadín sinala ao seu rival deste sábado como “moi complicado. É un equipo que está aí por méritos propios, son moi rochosas, con moita experiencia, que está a render moi ben individual e colectivamente”.

Pola súa banda o conxunto masculino viaxa ata unha das canchas máis complicadas de toda a Superliga: a de Guaguas Gran Canaria. O de Diego Taboada buscarán melloras as sensacións tras a primeira derrota do ano #ante Soria fronte ao persoal con máis potencial de todo o campionato. Os canarios, que actualmente tamén disputan a CEV Cup, arrincaron 2022 en plena forma tras arroiar a Palma por un contundente 3-0.

O técnico dos lucenses quere que os seus afronten o partido con descaro “porque, aínda que sexa un equipo que non xoga na nosa liga, aquí na ida sufriron moito e só un par de erros arbitrais impedíronnos puntuar entón”. Taboada espera que o seu equipo “recupere o ton físico neste partido porque logo vén o bo, os duelos onde nos xogaremos o noso obxectivo, e teremos que estar ben”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com