Finalizadas as obras dos novos colectores na cidade

O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a traveso da Acuases (Sociedad Estatal Aguas de la Cuencas de España), rematou as obras dos novos colectores da cidade, o que permite solucionar os problemas na rede de saneamento existente, ao conectar a conca da Louzaneta co sistema xeral da cidade. A inversión dos traballos tivo unha inversión total de 10,8 millóns de euros, cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), e o Concello de Lugo.

As obras inclúen a execución de 4,5 quilómetros de colectores secundarios, a renovación do colector do colexio A Ponte, a construción dun tanque de tormentas de 4.500 m3 de capacidade e dun sifón-bombeo no Parque do Miño. Todos estes traballos evitarán que se produzan vertidos de auga sen depurar aos ríos Miño e Lavadoiro, conseguindo un tratamento adecuado dos caudales de choiva que se xeran en época de fortes precipitacións, e que na actualidade, se vertían aos ríos sen depurar. Asemade, os traballos executados permitirán limitar o número de vertidos anuais ao río Miño, procedentes das descargas dos sistemas de abastecemento unitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com