O Fiporco de Sarria pon en valor os produtos autóctonos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado Provincial pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na celebración da 2ª Feira Internacional do porco e os seus produtos autóctonos e X Cocido do Porco Celta de Sarria, no Mercado Gandeiro. Trátase dunha cita financiada en exclusiva polos Gobernos Provincial e Municipal, cunha achega económica de 8.000 euros, co fin de promover o Porco Celta como raza autóctona. É unha cita que move a anualmente a máis dun milleiro de visitantes.

Campos Conde subliñou “a importancia de destacar os produtos gastronómicos de gran calidade da nosa provincia, entre os que figura as explotacións do Porco Celta. Esta é a única  raza porcina española autorizada para o uso do logotipo raza autóctona 100%, unha singularidade que dende o Goberno da Deputación apostamos por preservar e promover, a través de iniciativas como esta Feira Internacional do Porco Celta.”

A segunda edición da Feira Internacional do porco e os seus produtos gastronómicos, que congregou a case un milleiro de persoas, contou cun total de 18 expositores do produto autóctono e 4 establecementos hostaleiros nos que se puido degustar o Cocido do Porco Celta. Na organización da cita gastronómica estiveron implicadas a Asociación Hostaleira “O Camiño de Santiago” e da Academia Galega de Gastronomía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com