" />

Folgoso do Courel acollerá a súa XXXI edición da Festa da Castaña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, participaron hoxe na presentación da XXXI Festa da Castaña, que se celebrará o vindeiro sábado, día 3, no souto da Carroza desta localidade.

A Xunta proporciona unha achega global de 4.500 euros para este evento, 3.000 procedentes dunha axuda directa de Turismo de Galicia e outros 1.500 euros a través dun convenio do Goberno galego con Abanca para apoiar as Festas de Interese Turístico de Galicia.

Balseiro afirmou que o labor que veñen facendo os organizadores pola promoción da castaña do Courel “contribúe a facer máis rica esta terra, que ve neste produto, na súa transformación e venda, un sector de futuro”.

Neste sentido, lembrou que a Xunta está traballando cos veciños e co concello para a recuperación de soutos tradicionais de castaña, comezando por unha superficie de 80 hectáreas que pertencen a un cento de particulares que se suman á iniciativa.

Pola súa banda a alcaldesa, Lola Castro, lembrou que a produción da castaña foi unha fonte de riqueza en toda a comarca desde tempos inmemoriais e de feito, tal e como lembran os avós e avoas serviu para evitar moita fame e aumentar os ingresos nos tempos máis duros da postguerra.

A rexedora dixo tamén que ademais co gallo da Festa da Castaña e a chegada de moitos visitantes ao pobo, aproveitase tamén para dar a coñecer un espazo natural e paisaxístico de primeiro nivel e serve como reclamo turístico, moi especialmente, para os amantes da natureza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo