O fonsagradino José Luis Regueiro asume a presidencia da xestora do PP local

José Luis Regueiro é dende hoxe o presidente da xestora que o Partido Popular vén de nomear en A Fonsagrada. Deste xeito, o novo elixido será o encargado de liderar este grupo que, ademais, do presidente está formado por unha secretaria (Lucía Mera Torneiro) e catro vogais (Antonio Rodil Álvarez, Amador Rego Murias, Andrés Fernández Fernández e José Manuel López Fernández).

A reunión estivo presidida pola presidenta e o secretario Xeral do PP na provincia de Lugo, Elena Candia e Carlos Armesto, e contou tamén coa presenza de afiliados desta formación política e doutros cargos orgánicos do Partido, así como da presidenta saínte, a quen todos os presentes lle agradeceron o traballo desenvolvido durante o tempo que estivo á fronte da agrupación local.

Deste xeito, Regueiro será o encargado de liderar a equipo de persoas “representativo” da realidade do municipio, co fin, destacou Elena Candia, de que “o PP recupere a alcaldía en 2019”. Pola súa banda, o secretario Xeral fixo un chamamento “á unión, ao traballo e ao compromiso” para lograr que o Partido volte a ser “unha referencia política” para todos os veciños de A Fonsagrada.

Asemade, dende a dirección provincial amosáronse “satisfeitos e agradecidos” de que as distintas reunións mantidas nos últimos meses servisen para conformar un equipo de traballo que, dende hoxe mesmo, terá a tarefa de ser “un activo vivo” para solucionar os problemas da veciñanza.

“O traballo deste tempo dá os seus froitos. Temos por diante máis dun ano para convencer aos cidadáns de que somos a única alternativa seria, solvente responsable”. Por iso, remarcou Candia, “temos que ser capaces de trasladar ás eleccións municipais os bos resultados que obtivemos nas autonómica e nas xerais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com