" />

Foz celebra a súa XXVII Festa do Berberecho os días 18 e 19 deste mes

Foz celebrará a 17ª edición da Festa do Berberecho os días 18 e 19 deste mes, sábado e domingo, e será pregoada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Este evento gastronómico foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.

O rexedor municipal destacou que “é a primeira festa do ano e o evento gastronómico por excelencia en Foz, na que poñemos en valor o berberecho, aínda que xa non hai tanto na nosa ría e temos que traelo de fóra. Pero é un produto que sempre está nosa mente este marisco que en Foz lle chamamos o chícaro. O 18 deste mes, sábado, iniciarase a festa, que este ano está dedicada á cidade de Lugo e contamos coa honra de ter aquí á súa alcaldesa, Lara Méndez, para que nos dedique unhas palabras, como mariñá, da Costa de Lugo, e poder abrir a festa ao interior da
provincia. A idea é que se achegue a maior cantidade de xente, non só de Foz e dos arredores senón tamén de Asturias, de León e do interior da provincia de Lugo, para que veñan desfrutar do día, degustar o marisco e encher as nosas rúas, nunhas datas que son baixas de afluencia de xente”.

Fran Cajoto avanzou que o programa de actividades é moi interesante pois vai actuar o grupo Mar Aberto, a charanga NBA e tamén haberá agrupacións propias de Foz, como A Subela e O Feitizo, amenizando o evento. Ademais o alcalde salientou “o traballo da Escola de Hostalería de Foz, da que tan orgullosos nos sentimos, que nos van preparar os berberechos á provenzal e á mariñeira, dúas especialidades propias deles que, aparte da empanada e do berberecho ao vapor, poderemos probar e desfrutar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo