Foz celebra este sábado a Festa do Chícaro cunhas xornadas gastronómicas en 17 establecementos

Foz celebrará a vixésima edición da Festa do Chícaro o día 29 deste mes, sábado, cunhas xornadas gastronómicas dedicadas ao berberecho en 17 establecementos hostaleiros e ambientación musical nas rúas. Na presentación do festexo participaron o alcalde, Fran Cajoto, os concelleiros Chema Linares e Javier Fraga e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Foz e do Centro Comercial Aberto focense, José Carlos Paleo.

O edil de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, Chema Linares, anunciou que o Concello e a ACIA – Centro Comercial Aberto, organizan esta xornada de exaltación do chícado. A situación de pandemia, en metade do auxe da sexta vaga, impide celebrar esta festividade como se fixo en anos anteriores “pero queremos seguir mantendo a tradición á agarda de que veñan tempos mellores”, expresou Linares.

“Aprazamos esta festa unha semana dado que as indicacións dos expertos sinalan que a finais de xaneiro esta sexta vaga irase reducindo. Agardamos que isto sexa así e que nos vindeiros meses poidamos desenvolver outras actividades que temos programadas de forma moito máis normal”, dixo o edil.

Dende o Concello queren, coa celebración desta festa, transmitir o “apoio constante” a todos os establecementos de hostalería e ao comercio, ” que veñen de pasar malos tempos, por exemplo con cancelacións de moitas ceas de Nadal”. Por iso mesmo, Linares anima aos veciños a saír á rúa “a consumir este molusco de larga tradición” e a mercar no comercio, “cumprincdo sempre todas as medidas sanitarias”.

“Trátase de seguir traballando en apoio do sector hostaleiro e comercial con esta iniciativa e con outras campañas que se irán desenvolvendo ao longo do ano co ACIA – Centro Comercial Aberto”, avanzou o edil.

O concelleiro de Turismo rematou comentando que o Concello vai animar ese día 29 de xaneiro con diversas actuacións musicais polas rúas de Foz. As xornadas gastronómicas celebraranse nestes establecementos hostaleiros: O Muelle Bar, A Rambla-Pachán, Cafetería Pastelería Anduriña, Xoyma, Portochico, Restaurante Dandy, O Lar, Casa Damián, Pizzería Xoíña, Restaurante Xoíña, As Brasas, Espacio Machete, Tangarte, Augas Santas, Namarinos, A Viela e O Descanso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com