" />

O Concello de Foz inagura o Camiño Natural da Ruta do Cantábrico

Responsables do Ministerio de Medio Ambiente acudiron esta mañá ao Concello de Foz para presenciar a inaguración do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico. O alcalde do municipio, Javier Jorge Castiñeira, destacou a importancia desta ruta como atractivo turístico para o municipio e para o resto da zona.

“Queremos agradecer aos representantes do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente a súa presenza hoxe aquí para inaugurar este paseo do Cantábrico en Foz, que é un punto céntrico da Mariña e tamén onde conflúen os dous paseos que este Ministerio está a financiar.  O que se presenta hoxe é o paseo do Cantábrico por toda a costa dende Ribadeo ata a Estaca de Bares, e por outro lado, o paseo de San Rosendo que nace en Foz e pasa por San Martiño, continúa por Mondoñedo ata chegar a Celanova”, sinalou Castiñeira.

“Estamos a falar duns paseos cun atractivo turístico enorme. Estamos a ver que puntos neurálxicos no turismo de Galicia como poden ser As Catedrais, Estaca de Bares, a ría de Viveiro, a ría de Ribadeo ou as praias de Barreiros, de Foz, de San Cibrao e de Xove, van estar unidos por un camiño natural con total protección do tráfico rodado”, explicou o rexedor municipal focense.

Javier Castiñeira destacou que “é un recurso máis para a Mariña lucense que queremos aproveitar todos os concellos. É obvio que a Mariña de Lugo está de moda, e esta aposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura e tamén as da Xunta de Galicia, concretamente de Turismo de Galicia, por promover A Mariña están a funcionar. Infraestruturas importantes como a autovía A-8, achega moitos turistas ao centro do Mariñal lucense. Por este motivo estamos contentos e xa se está notando nos primeiros días do verán”.

En canto ás rutas creadas polo Ministerio de Medio Ambiente, o alcalde de Foz engadiu que “están moi ben sinalizadas e están gustando moito aos turistas e aos sendeiristas que xa as percorreron. Polo tanto agradecemos ese investimento aquí na Mariña, que é positivo para todos e que vai dar o seu froito”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo