A Concellería de Cultura de Foz presentou o programa completo de actos para o Entroido 2015. As actividades comezan este mesmo sábado, coa celebración da cea de coroación da Raíña do Entroido de Foz, e alongaranse ata o venres, 20 de febreiro, coa tradicional Queima do Entroido.
O sábado 14 de febreiro terá lugar o gran desfile, que xa vai pola súa XXXIV edición, e contará con 6.000 euros en premios. Ao día seguinte, o domingo 15, o protagonismo pasará aos máis cativos coa celebración do Día Infantil na Sala Bahía. O calendario de actos complétase coa celebración do Xoves de Comadres o día 12 e o tradicional Baile do Farolillo o luns 16.
Paralelamente, entre o 6 de febreiro e o 28 de marzo, terá lugar na Sala de Exposicións do CENIMA a mostra anual de Entroido, que nesta ocasión estará dedicada ao grupo Pernas do Centiño, que tamén dará o pregón.
Escoitamos ao concelleiro de Foz, Ánxel Paleo: