" />

Francisco Javier Vázquez, novo director do complexo residencial xuvenil Lug I

A Consellería de Política Social nomeou a Francisco Javier Vázquez Nodal director do complexo residencial xuvenil LUG I, na cidade de Lugo, segundo deu a coñecer o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que mantivo unha xuntanza co novo responsable do centro.

Vázquez Nodal, que se incorpora hoxe ao seu posto, é licenciado en Ciencias do Traballo e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, e conta cun mestrado en Prevención de Riscos Laborais. É funcionario de carreira e ten unha dilatada experiencia na administración local.

O complexo residencial LUG I, situado na rúa Pintor Corredoira de Lugo, funciona como residencia para mozas e mozos estudantes durante o curso lectivo. Está situada nunha zona céntrica, próxima ao campus universitario e ao casco histórico da cidade.

Oferta 75 prazas en habitacións dobres e conta con comedor, aula de informática con internet, biblioteca, salas de estudo e salón de actos, entre outros servizos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo