A Fundación TIC colabora con Achádego Teatro na súa nova obra “Balas sobre Broadway”

A Fundación TIC da Deputación de Lugo colabora con Achádego Teatro na nova obra da compañía: “Balas sobre Broadway”, que se estreará o 10 de decembro. Nesta ocasión, a TIC está a gravar a recreación de varias escenas da película de Woody Allen. O mércores rodouse no polígono das Gándaras e o Mesón Alberto, e este xoves gravarase no cemiterio de Soutomerille en Castroverde.

A colaboración tamén inclúe a dobraxe de escenas da película orixinal e a montaxe do vídeo que se proxectará durante a representación. Ademais, a TIC gravará nun DVD a estrea da obra o 10 de decembro para a súa posterior promoción.

Esta é unha nova colaboración con esta compañía de teatro afeccionado de Lugo, unha das máis de 160 asociacións e entidades coas que a TIC ten asinado convenio co obxectivo de contribuír á difusión das actividades que desenvolven e proporcionar prácticas en escenarios reais a bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS). Ademais, unha das liñas de actuación da Fundación é o apoio ao tecido asociativo sen ánimo de lucro nos ámbitos cultural e deportivo, entre outros.

Dentro do convenio da TIC con Achádego Teatro, xa houbo outras colaboracións coma os audiovisuais que se proxectan durante a representación das obras “O barco sen mariñeiro”, que a compañía teatral lucense está a levar a varios puntos da xeografía galega desde a súa estrea de 2013, e “Toda a terra é dos homes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo