Galicia En Común incide en Lugo na necesidade de blindar as pensións

A veciñanza de Lugo ven de participar a pasada noite nun debate sobre pensións no Centro Uxío Novoneyra da man de Vanessa Somoza, candidata de Galicia En Común pola provincia, e Manuel Lago, economista e deputado do Grupo Parlamentario de En Común.

Somoza, que encabeza a lista ao Congreso pola provincia, recalcou que “temos pensións de miseria: a media das pensións contributivas ronda os 650 euros”. “Todos os partidos falan de reducir o gasto, pero nós dicimos que temos que incrementar os ingresos públicos e ter como prioridade garantir unhas pensións dignas e un sistema de pensións blindado que garanta a todas as persoas levar unha vida digna”. “Os pensionistas que están en loita, pelexando polo futuro de todas e todos nós, son exemplo a seguir”, explicou a candidata por Lugo.

O acto arrancou da man de Begoña Pedrouzo, a número dous polo Congreso de Galicia en Común, que destacou a necesidade de que as persoas que vivan en Galicia “poidan ter unha vida vivible“.

Pola súa banda, o economista e parlamentario Manuel Lago incidía: na provincia de Lugo temos 110.000 mil persoas que viven das pensións, o que significa que unha de cada tres persoas vive do sistema público de pensións. A pensión media en Lugo é de 752 euros, un 32% menor que a do Estado”, explicou Lago.

Ao seu xuízo, outra das características das pensións é a fenda salarial, “as mulleres cobran de media 4.476 euros menos cos homes. É dicir, en 25 anos de pensións pode ser ata 110.000 euros menos cun home”. “O sistema público de pensións é o máis forte sistema de protección social, o instrumento básico de Benestar do Estado. A nosa obriga é defendelo e coidalo”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com