" />

Galicia en Común pregunta no Congreso polas reiteradas incidencias na rede ferroviaria de Lugo

Os deputados de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, rexistraron varias preguntas relativas ás numerosas e reiteradas incidencias na rede ferroviaria na provincia de Lugo. Os deputados preguntan polo número exacto de incidencias en toda a provincia, ademais de no percorrido concreto de Lugo-Monforte- Ourense.

“Cales son os principais motivos que provocan estas incidencias? É consciente o Goberno que ata os propios traballadores e traballadoras de Renfe se manifestaron para protestar polo mal estado da vía e para pedir un mellor mantemento?”. Ante esta “grave situación” que provoca retrasos e cancelacións, os deputados insisten ao Executivo en que explique as actuacións que pensa levar a cabo para solventar a situación.

“Cales son os prazos da fase de contratación e redacción dos proxectos de adecuación integral da infraestructura e vía en todo o traxecto Lugo-Monforte-Ourense?”, preguntaron os deputados.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 20, 2019 - 06:54 PM

    Bla Bla Bla………

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo