Galiza Nova desprega unha bandeira dende a Ponte Romana pola Semana da Patria

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, abre os actos do Día da Patría despregando unha gran bandeira dende a Ponte Romana de Lugo. A programación completarase cunha semana de actividades para celebrar, en Lugo, o día da Patria. Estas xornadas enmarcase dentro dos máis de 60 actos programados pola formación, en diferentes vilas e cidades, neste mes no que se celebra o 25 de xullo. “Queremos que Lugo participe da festa da Patria que terá o seu acto central o 25 de xullo en Compostela” afirmou Alexandre Espiño que é voceiro de Galiza Nova en Lugo.

Os actos iniciaronse, hoxe, cun acto simbólico de apertura no que se despregou da Bandeira da Patría na Ponte Romana e ao que asistiron militantes e simpatizantes de Galiza Nova. O martes, 17 de xullo, a partir das 18:00 horas colocarase un mosaico para lembrar a figura de Castelao na rúa Bispo Aguirre. O mércores, 18 de xullo, está previsto percorrer a cidade cun pelotón ciclista para convidar a todas as persoas a participar nos actos do 25 de xullo en Compostela. Para o xoves, 19 de xullo, está organizado un roteiro pola cidade de Lugo no voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo, sinalará aqueles lugares nos que persoeiros e organizacións relacionadas co nacionalismo tiveron presenza na ciade de Lugo. Os actos pecharánse o venres, 20 de xullo, cunha Foliada pola Patria que se celebrará na Praza do Campo.

O voceiro de Galiza Nova, Alexandre Espiño, fixo un chamamento a participar masivamente na celebración do Día da Patria, que se conmemora este ano baixo o lema Sumar por Galiza, precisamente como referencia expresa a unir a todas as persoas que confían no potencial do país para construír un futuro mellor. Este ano enmárcase na campaña do 30 aniversario de Galiza Nova ’30 anos de loitas’ así como no 50 aniversario da recuperación do Día da Patria

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com