A Garda Civil de Lugo incrementa o número de efectivos con 19 gardas en prácticas

O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, xunto ó Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Miguel Ángel González Arias, presentaron esta mañá dezanove Gardas Civís en prácticas procedentes da Academia de Gardas de Baeza e do Colexio de Gardas Xóvenes de Valdemoro. 

Os novos axentes serán destinados a postos da provincia para realizar labores de seguridade cidadá. Así, destínase un garda civil en prácticas ós postos de Palas de Rei, Becerreá, Pedrafita, Castro de Rei, Pastoriza, Sarria, Viveiro, Mondoñedo e Foz. Dous gardas en prácticas serán destinados a Vilalba, Chantada e Ribadeo; e, 4 a Burela.

Hoxe foron recibidos na Comandancia da Garda Civil de Lugo onde se lles explicou as labores que realizarán durante o seu período de prácticas. O subdelegado do Goberno en Lugo deulles a benvida e deseoulles sorte nos seus destinos, así como agradeceu o esforzo realizado pola Dirección Xeral da Garda Civil para incrementar a dotación de persoal dos postos o que de seguro, engadiu, “repercutirá de xeito moi positivo no servizo que presta a Garda Civil”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com