" />

A Garda Civil de Lugo intensificará as verificacións de alcol e drogas.

Durante a vindeira semana e no marco do calendario de campañas e operacións de tráfico establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico e TISPOL (European Traffic Police Network),por parte dos compoñentes do Subsector de Tráfico de Lugo levarase a cabo un incremento dos puntos de verificación da presenza de alcol ou sustancias estupefacientes no organismo durante a condución.

Estes dispositivos situaranse ao longo e ancho da provincia e en aquelas zonas susceptibles dun maior consumo destas sustancias tales como feiras, festas e lugares de afluencia masiva de persoas.

Esta campaña ten como finalidade  lograr os obxectivos de redución da sinistralidade ocasionada pola influencia do consumo de bebidas alcohólicas e drogas durante a condución e conseguir así unha maior eficiencia optimizaranse ao máximo os recursos humanos e materiais dispoñibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo