" />

A Garda Civil de Lugo interven estupefacentes nun condutor de camión nun Control Operativo na A-6

A Garda Civil de Tráfico de Lugo despregou un Dispositivo Operativo de verificación do consumo de alcohol e drogas durante a conducción entre as 6:30 e as 8:30 desta mañá no punto quilométrimo 538.500 da A-6 en sentido Madrid, no termo municipal de Guitiriz.

No transcurso do mesmo foron detectadass 35 infraccións a diferentes preceptos da Lei de Seguridade Vial, das cales catro foron por presentar os condutores presenza de drogas tóxicas ou estupefacentes no organismo. Un dos condutores que arroxou resultado positivo no test foi o condutor dun camión de gran tonelaxe que transportaba madeira. Ademáis, a este mesmo condutor foille intervida unha pequena cantidade de sustancias estupefacentes.

Estes Dispositivos Operativos Masivos enmárcanse na Estratexia do Sector de Galicia co fin de detectar condutas que puideran influir negativamente na seguridade vial, garantindo así a integridade das persoas.

Nestes dispositivos contaron coa colaboración dos membros do Servizo de Intervención Rápida da Comandancia de Lugo, en labores de prevención da Seguridade Cidadá e detección de obxectos procedentos de roubos ou furtos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo