" />
IMAXE LIBRE!!

A Garda Civil formula 1.232 sancións durante a campaña en vías convencionais

Os compoñentes do Subsector de Tráfico de Lugo propuxeron para sanción 1.232 infraccións que formularon durante a semana do 23 ao 29 de outubro de 2017 cando levaron a cabo unha campaña de intensificación da viziancia nas estradas convencionais da provincia.

Durante o desenrolo da campaña chegaron a realizarse un total de 21.904 verificacións de vehículos que circulaban polas distintas vías non desdobradas que discorren pola provincia. De entre todos estos, 1.232 foron propostas para sanción e empregáronse un total de 306 efectivos de entre os membros do Subsector de Tráfico.

As accións levadas a cabo comprendían todas aquelas propias da vixiancia da circulación e as específicas para este tipo de vías e, entre estas figuraban a observancia dos límites de velocidade, o uso dos sistemas de retención infantil e cinto de seguridade e a verificación dos niveis de alcol ou o consumo de drogas ao volante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo