A Garda Civil imputou novos delitos aos tres detidos en Barreiros

A Garda Civil imputou novos delitos aos tres homes de nacionalidade rumana detidos en Barreiros o pasado día vintenove, segundo indicaron onte as forzas de seguridade en comunicado de prensa. A Garda Civil impútalles un roubo con violencia e intimidación nun establecemento hosteleiro de Vilalba, no que SUBTRAERON os cartos recadados pola máquina comecartos e a recadación de varios días do local comercial, cun total de dous mil cen euros.

A raíz das investigacións realizadas polas forzas de seguridade cabe constatar que os tres detidos son tamén presuntos autores da subtración dun vehículo nun taller situado no polígono de Vilalba, onde tamén se levaron material por un valor de vinte dous mil cincocentos euros.

As pesquisas policiais feitas polos axentes da Garda Civil de Barreiros e o Equipo de Investigación de Burela, deron como resultado a consideración de presuntos autores de roubos cometidos noutras tres naves situadas no polígono vilalbés onde subtraeron diversos materiais. No momento da súa detención, os tres homes levaban consigo un bidón de gasoil, que iba a ser utilizado, supostamente, para respostar o vehículo subtraído en Vilalba, e co que se desprazarían para acometer outros delitos similares.

A investigación continúa aberta, sen descartar novas detencións e esclarecementos de máis feitos delitivos acometidos presuntamente polos detidos. Os tres detidos foron postos en liberdade con cargos, tras prestar declaración no xulgado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com