A Garda Civil investiga a concesión de falsos créditos a través da internet

A Garda Civil investiga delitos de estafa e falsidade documental cometidos a través da internet na concesión de préstamos financeiros, utilizando para iso técnicas de enxeñería social, aproveitándose do estado de necesidade económica de persoas que non poden recorrer ás canles financeiras habituais.

Os axentes tiveron coñecemento destes feitos tras unha denuncia presentada por un veciño de Lourenzá como suposta vítima dun delito de estafa por importe de 1.100 euros. O presunto autor publicaba anuncios de créditos financeiros, usurpando á entidade bancaria Banco Internacional de Benín, en condicións moi vantaxosas. O autor ou autores dos feitos entre en contacto mediante correo electrónico, intercambiando correos ns que se interesan pagos, a través de empresas dixitais, necesarios para a tramitación da solicitude do crédito en diferentes conceptos como seguros, taxas ou notaría.

A Garda Civil recibe o apoio da Organización Internacional da Policía Criminal, a Interpol, para a identificación do presunto autor. Esta investigación está coordinada polo Xuzgado de Instrucción número 2 de Mondoñedo.

Noutro eido, a Garda Civil detivo onte ao fío das 4 da tarde a un veciño de Mondoñedo de 27 anos como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os feitos tiveron lugar no mes de febreiro nun establecemento situado en Benquerencia no que figuran como substraídos, entre outros obxectos, nove televisores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com