Gran remontada do Lugo ante o Oviedo

Gran choque no Anxo Carro que recibía aos dous equipos nun ambiente de futbol inmellorable.

Luís Milla dispoñía do seu esquema habitual, coa clara misión de aproveitar os espazos reducidos e metros á espalda da zaga ovetense. Pese as boas sensacións do Lugo o primeiro gol chegaba por parte dos de Egea, no minuto dous, nunha pérdida de balón de David López preto da área, e Borja Valle que non desaproveita a oportunidade e bate a José Juan. Cun gol en contra os de Milla continuaron co seu plan, buscando o dominio do balón e a iniciativa á hora de xerar ocasións, sin embargo o partido complicabase para o Lugo cando Toche facía o segundo para o Oviedo.

En oito minutos, o marcador estaba 0-2, malia isto o Lugo non se rendeu e continuou achegandose cada vez con máis perigo á portería do Oviedo, especialmente David López que rozou o gol en dous intentos claros ante a meta ovetense, pero non sería ata o minuto 37 cando chegou o primeiro gol dos locais, nun saque a balón parado, cun bo centro de David López, que remataba Carlos Hernández e que nada puido facer o gardameta do Oviedo.

Escasos minutos despois e cerca xa do final da primeira metade, era Pereira, quen tras unha saída de Ferreiro, batía ao gardameta ovetense. Coa igualada no marcador chegabase ao descanso

Na segunda parte do encontro, o Lugo máis dinámico e atrevido que o Oviedo, volvían rondar o gol nas botas de Pablo Caballero, nun tiro raso que non entrou por milimetros. Xa na parte final do partido o dominio dos de Milla era total, controlando a posesión e gozando das mellores ocasións. Malia isto o encontro rematou con empate a dous no marcador e cun Anxo Carro que despedía aos seus xogadores entre aplausos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com