Grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán 2019

No día de hoxe reuniuse a Comisión Especial de Festas do San Froilán, na cal os distintos grupos da Corporación presentaron as súas propostas para as vindeiras festas. Segundo a edil de Cultura, Maite Ferreiro, “estamos a traballar coas propostas que nos fixeron chegar os distintos grupos da corporación”.

Maite Ferreiro, que presidiu a xuntanza da comisión, sinalou que dende a área de Cultura estase a traballar de xeito intenso para confeccionar a programación, definir os espazos e contar con propostas novidosas para que o San Froilán deste ano estea á altura que Lugo merece

Ferreiro indicou que “os artistas do concello serán os protagonistas destas festas, nas que contaremos con máis de 50 artistas da cidade”. Segundo Maite Ferreiro, “os grupos locais actuarán como teloneiros nos concertos dos grupos máis importantes, podendo actuar así nos escenarios principais das festas”. “Estamos a escoitar todas as propostas que nos están a chegar porque imos facer desta edición do San Froilán a grande festa do outono galego” indicou Maite Ferreiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com