Guerra de cifras entre PP e PSOE polos pagamentos no Concello

O Grupo Municipal do Partido Popular criticou esta mañá en rolda de prensa, que o Concello de Lugo pague fóra dos prazos legalmente establecidos, “nun único trimestre”, máis de cinco millóns de euros, segundo reflicte o informe de morosidade que analizará a Comisión de Contas desta semana.
Doutra banda, o edil popular Juan Carlos Plaza, subliña que no informe de morosidade do último trimestre de 2014, recóllese que “seguen medrando as facturas que levan máis de tres meses rexistradas no Concello, e que aínda non recibiron nin a primeira supervisión”.

Juan Carlos Plaza:

Pola súa banda, o Concello de Lugo ven de remitir un comunicado aos medios, no que explica que no último trimestre de 2014 o Concello de Lugo pagou o 82% das súas facturas en menos de 30 días, que é o prazo legalmente establecido.

Concretamente, abonáronse sen esgotar ese período de tempo 1.617 facturas por un importe total de 9.515.000 euros. O importe das facturas que rebasaron ese prazo foi de 2,7 millóns de euros.

“O Goberno local lémbralle ao Partido Popular que a responsabilidade dunha administración pública ponse a proba tanto poñendo todos os medios para pagar coa maior axilidade posible aos proveedores como esforzándose en facer todas as comprobacións precisas para garantir o bo uso dos recursos públicos, o que significa someter a unha escrupulosa revisión todas as facturas co fin de asegurar que as facturas se pagan sempre dacordo cos servizos previamente contratados. Resulta asombroso que o Partido Popular de Lugo, que pagaba aos proveedores deste Concello nada menos que en 134 días (catro meses e medio), se escandalice agora cando este Goberno logrou diminuir o período medio de pago nada menos que nun 90%”.

En decembro de 2014 o período medio de pago do Concello de Lugo situouse en 13 días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com