" />

Haberá que agardar unha semana máis para poder desprazarse a Asturias

O Principado de Asturias decidiu non solicitar o Executivo Central a autorización que permita a mobilidade entre Asturias e Galicia, polo que haberá que agardar unha semana máis para poder viaxar a Asturias.

O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegurou “ter recibido cun sentimento agridoce a decisión do Principado” e manifestou que ata a semana do 22 de xuño estes desprazamentos non serán posibles.

O alcalde ribadense lembrou que “nós, desde o Concello de Ribadeo, puxemos todo pola nosa parte para que desde o Goberno do Estado, aplicando as normativas que estaban no BOE, puideran o Principado e a Xunta pedir conxuntamente a mobilidade entre Asturias e Galicia. Pero finalmente aínda estando de acordo no fondo non se puxeron de acordo na forma e desde o Concello non podemos facer outra cousa mais que dicir que o sentimento doce desta situación é que realmente so queda unha semana. É dicir se non pode ser este luns que ven será o seguinte”.

“Polo tanto haberá que esperar unha semana máis para poder ir á Veiga, ir a Taramundi, ir a Tapia ou ir a Navia e que eles poidan vir a Ribadeo ou que poidan vir á Mariña de Lugo tamén”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo