" />

Homenaxe da Semana de Cine ao histórico fotógrado José López-Foto Pereira

A Semana de Cine de Lugo organizou para esta edición a homenaxe por toda unha vida ao servizo da fotografía ao nonaxenario fotógrafo JOSÉ LÓPEZ-FOTO PEREIRA, de Portomarín.

O inxente labor deste fotógrafo destaca, moi especialmente, pola magnífica colección de fotos que obtivo no antigo Portomarín que logo o embalse invadiu, gardando para a historia paisaxes, monumentos, persoas, celebracións e vida deste fito do Camiño Francés a Compostela.

Como as normas vixentes en relación con actos deste tipo limitan enormemente a súa celebración, a organización decidiu facelo ao aire libre, hoxe, mércores, ás cinco e media da tarde, diante da casa do Concello de Lugo (dentro dos soportais, se a choiva o impide), invitándose  a todos os que queiran asistir, gardando as distancias prudenciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo