manifestacion-hemodinamica-lugo

Hoxe 1º de Maio celébrase o Día da Clase Traballadora

Hoxe a partires das doce da mañá celébrase en Lugo outro Primeiro de Maio coas forzas sindicais divididas. Por unha banda a CIG convoca a súa manifestación en solitario e CC.OO. e UGT fan unha convocatoria unitaria. As dúas manifestacións partirán  fronte ao edificio de sindicatos na Rolda da Muralla ás doce da mañá farao a CIG e media hora máis tarde será a quenda de UGT e CC.OO. As dúas manifestacións terán as pensións, o aumento salarial, e as reivindicacións feministas como base das súas consignas.

Foi nos Estados Unidos, durante o congreso 1884,onde os sindicatos estableceron o prazo de dous anos para conseguir impor aos patróns o límite da xornada de traballo a oito horas. Eles deciden lanzar a campaña o 1º de maio, porque moitas empresas americanas comezaban o seu ano contable nese dia, de modo que os contratos terminaban, tamén nese dia, e os traballadores tiñan que procurar outro traballo. Estimulada polos anarquistas, as adhesións á folga xeral de 1º de maio de1886 foi ampla, participando preto de 340.000 traballadores en todo o país.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo